Sagunt - Sagunto

Sagunto ou Sagunt (historicamente coñecida como Morvedre) é unha cidade do País Valenciano situada no norte da provincia de Valencia, sendo a máis importante da comarca do Camp de Morvedre.

A cidade ten dous núcleos principais: o casco histórico ou Sagunto-Cidade, situado ao pé do castelo e do teatro romano, e o Porto de Sagunto, a 5 quilómetros do casco histórico. O término municipal conta con máis de 62.702 habitantes (INE 2006) repartidos entre estes 5 quilómetros que separan a praia do antigo castelo romano, vivindo a maioría de eles (preto de 35.000) no Porto.

Xeografía

O municipio e a cabeceira da comarca do Camp de Morvedre. Situado á beira do río Palància que, despois de bordear o casco da cidade, desemboca nun aluvial, máis propiamente que un verdadeiro delta, posto que a súa pendente é de 5,7 por mil no últimos 4 km, superior ao normal dos deltas.

A costa é baixa e areosa, cuberta de dunas. A súa vexetación clímax pódese dar hoxe por desaparecida e houbo de estar dominada pola aciñeira. Na actualidade hai algunhas fragas de piñeiros nas montañas máis pretas ao Mar Mediterráneo. Entre as especies, as que máis abondan son o romeu e a almecegueira. O medio climático é mediterráneo.

O extenso termo municipal de Sagunt limita ao norte con Soneja, Fondeguilla, La Vall d'Uixó, Almenara (de la provincia de Castelló), Algar de Palància, Quart de les Valls, Benavites, Benifairó de les Valls, Faura, ao lest con Canet d'en Berenguer e o mar Mediterráneo, ao sur con Puçol e El Puig e ao oeste con Petrés, Gilet, Albalat dels Tarongers, Estivella, Torres-Torres, Alfara d'Algímia, todas elas na provincia de Valencia.

Demografía

Sagunt conta con 65.821 habitantes en 2008, sendo a cuarta cidade da provincia de Valencia por poboación. O seu peso demográfico débese á instalación de importantes industrias siderúrxicas na súa costa a principios do século XX, formando o núcleo urbano actual do Porto de Sagunto.

No núcleo histórico de Sagunt é común o uso do valenciano, mentres que no Porto, onde habita a maior parte da poboación, o castelán é a lingua predominante.

Evolución demográfica de Sagunt
1857 1887 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 1996 2001 2006 2008
6.915 6.466 7.139 9.057 10.417 20.235 20.253 26.932 40.293 47.026 54.759 55.957 58.135 57.017 62.702 65.821

Economía

A súa economía está baseada principalmente na industria siderúrxica e na exportación de agres. Dentro do chan cultivado temos de secan alfarrobeiras, oliveiras e algunhas vides e amendoeiras e entre o regadío temos a laranxeira e outras árbores froiteiros. Até o século XIX foi unha poboación esencialmente vinícola, exportando viños e augardentes a Francia: trala destrución dos viñedos pola filoxera nos inicios deste século e a conversión do secan en regadío, os viñedos foron substituídos polos agres.

A actividade pesqueira comezou coa construción do porto pesqueiro. A industrialización produciuse no século XX. A principios deste século comezou a exportación de mineral de ferro de Ollos Negros (Teruel) a parte das fábricas de augardentes, fariña e tecedores de lenzos comúns de fíos.

Deportes

En Sagunto existen dous clubs de balonmán de importante nivel e prestixio, o Balonmano Sagunto feminino, que se atopa na máxima división estatal e disputa os seus partidos no pavillón Rene Marigil; e o Alser Balonmano Porto Sagunto, que nestes momentos atópase en Primeira División Nacional, e disputa os seus encontros no Pavillón Municipal de Sagunto. Existen tres clubs de fútbol, dous no núcleo histórico, Atlético Saguntino e Fútbol Base Sagunto, e outros 2 no Porto, Cidade o Porto C.F. (2ª rexional) e C.D. Aceiro, que pese a aglutinar a moitos deportistas nas súas respectivas estruturas, os seus primeiros equipos atópanse en categorías rexionais. Así mesmo tamén hai dous clubs de baloncesto, o Bàsquet Sagunt, que nos últimos tempos está collendo gran interese no municipio debido aos seus constantes ascensos de categoría, e o C.B. Porto do núcleo do Porto. A nivel de deportes de equipo tamén hai clubs de voleibol, o Stella Maris e fútbol sala, o C.D. Ibérico. Por outra banda tamén hai clubs de atletismo, xadrez, ximnasia, loita, natación, tenis de mesa, judo, e practicamente de case todas as categorías deportivas existentes, que representan o nome da cidade a nivel rexional, nacional, e ata nalgúns casos internacional, caso do Balonmano Sagunto, representantes do club de loita Ares que disputan competicións internacionais, ou de importantes atletas locais como Sandra Jiménez.

Festas

  • Festividade de Sant Antoni.
  • Festividade de Sant Vicent Ferrer.
  • Fallas (Celebradas os días previos ao 19 de marzo)
  • Semana Santa
  • Festividade de San Cristóbal (Celebrada o domingo máis preto do 10 de xullo)
  • Festas patronais na honra dos Santos Mártires Abdón e Senén (Celebradas a segunda quincena de xullo)
  • Festividade da Virxe de Begoña (Celebrada a primeira quincena de agosto)
  • Festas en honor de San Ramón (Celebradas a última semana de agosto)
  • Festas en Honor da Virxe do Bon Suceso (Celebradas a primeira decena de setembro)
  • Festas de mouros e cristiáns (Celebradas el primeiro fin de semana de outubro)
  • Festas do Barrio Biensa (Celebradas a última semana completa de Setembro)

Monumentos

  • Teatro Romano de Sagunt.
  • Castelo de Sagunt.
Listado nas seguintes categorías:
Envía un comentario
Consellos e suxestións
Daniel Rodriguez
21 June 2014
Visita el centro histórico con su hermita y su muralla
Javier Cantero
3 November 2014
La mejor playa de valencia
M.Carmen Ch
19 August 2013
D lunes dominguero!!!
Itziar Bono
4 February 2013
En la reunion de PP Sagunto
Miquel Bru
7 October 2011
Visita www.saguntum.es - Información Turística de Sagunto
Merche Calvo
22 April 2012
en casita, haciendo cosas de domingo, o sea, nada!
Cargar máis comentarios
foursquare.com
8.6/10
94,954 persoas estiveron aquí

Hoteis próximos

Ver todos os hoteis Vexa todo
AGH Canet

a partir de $81

Sensity Vent de Mar

a partir de $40

Hotel L'estacio

a partir de $43

Portocanet Complejo Turistico

a partir de $55

Hostal Teide

a partir de $41

Apartamentos Mediterrania Moliner

a partir de $330

Atracciones recomendadas nas proximidades

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Sagunto Castle

Sagunto Castle (Spanish: Castillo de Sagunto; Valencian: Castell de

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Teatro romano de Sagunto

The Teatro romano de Sagunto (Spanish: Teatre romano) is a roman

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Iglesia de Santa María (Sagunto)

La Iglesia arciprestal de Santa María, ubicada en la ciudad española d

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Saguntum (Sagunto) Roman circus

Saguntum (Sagunto) Roman circus is a tourist attraction, one of the

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Alquería del Agua Fresca

La Alquería del Agua Fresca (también denominada Torre Sonámbula y Al

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Platja de El Port de Sagunt

Platja de El Port de Sagunt is a tourist attraction, one of the

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Playa de Canet

La playa de Canet es una playa de Canet de Mar, en El Maresme. Hace

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Castillo de Serra

El castillo de Serra (provincia de Valencia), también denominado

Atraccións turísticas similares

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Machu Picchu

Machu Picchu (do quechua sureño Machu Pikchu, 'montaña vella') é o no

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Acrópole de Atenas

A Acrópole de Atenas pode considerarse a máis representativa das a

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Old Town, Al-'Ula

The Old Town is an archaeological site near Al-'Ula, Medina Province,

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Persépole

Persépole (do grego Περσέπολις, Persépolis, literalmente «a cidade p

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Temple of Poseidon, Sounion

The ancient Greek temple of Poseidon at Cape Sounion, built during

Ver todos os lugares similares