Salares de Makgadikgadi

Os salares de Makgadikgadi atópanse na sabana seca do nordés de Botswana, ó sur de África. Son un dos maiores do mundo, sendo os restos do outrora enorme lago Makgadikgadi. No pasado, este cubriu unha área maior que Suíza, mais secou hai miles de anos. Forman parte do deserto do Kalahari.

Localización e descrición

Lindando ó sueste co delta do Okavango e rodeado polo deserto de Kalahari, Makgadikgadi non é, tecnicamente, un único salar, senón moitas concas con area do deserto no medio, sendo os maiores Sua (Sowa), Ntwetwe e Nxai Pans.

O salar individual máis grande ten uns 4.900 km². En comparación, o salar de Uyuni, en Bolivia, é un salar dun só piso duns 10.600 km², de cando en cando ten moita auga, e xeralmente menciónase como o máis grande do mundo. Aínda que son unha costra de lama salgada seca a maior parte do ano, os leitos están estacionalmente cubertos con auga e pasto, e son entón un refuxio para as aves e os animais nesta zona tan árida do mundo. O clima é cálido e seco, pero con choivas anuais regulares.

A principal fonte de auga é o río Nata, chamado en Cimbabue Amanzanyama, onde nace en Sandown, a uns 60 km de Bulawayo. Dende o delta do Okavango, a través do río Boteti, tamén lles chega unha cantidade de auga menor.

Estes salares cobren 16.000 km² na conca do Kalahari e forman o leito do antigo lago Makgadikgadi, que se evaporou hai moitos milenios. As escavacións arqueolóxicas en Makgadikgadi revelaron a presenza do home prehistórico, manifestada con abondosos achados de ferramentas de pedra; algunhas destas ferramentas foron datadas en tempos moi antigos, antes da era do Homo sapiens. Os pastores conducían os seus rabaños aquí cando antes a auga era moito máis abundante, no Holoceno.

O lugar máis baixo da conca é o salar de Sua, cunha elevación de 890 m.

Listado nas seguintes categorías:
Envía un comentario
Consellos e suxestións
Aínda non hai consellos nin suxestións para Salares de Makgadikgadi. Quizais serás o primeiro en publicar información útil para compañeiros de viaxe? :)

Hoteis próximos

Ver todos os hoteis Vexa todo
Deception Valley Lodge

a partir de $629

Mokoro Lodge

a partir de $70

Maun Lodge

a partir de $115

Kessa's Chalets

a partir de $59

Cresta Riley's Hotel

a partir de $134

Centre Lodge

a partir de $78

Atracciones recomendadas nas proximidades

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Central Kalahari Game Reserve

Central Kalahari Game Reserve is an extensive national park in the

Atraccións turísticas similares

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Mount Rainier

Mount Rainier is an active

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Lake Abant

Lake Abant (Turkish: Abant Gölü) is a freshwater lake in Turkey's B

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Lake Bafa

Lake Bafa is a lake situated in southwest Turkey, part of it within

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Lake Beyşehir

Lake Beyşehir (Türkçe. Beyşehir Gölü) is a large freshwater lake in Is

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Taal Volcano

Taal Volcano is a complex volcano on the island of Luzon in the

Ver todos os lugares similares