San Francisco de Campeche

San Francisco de Campeche é a capital do estado mexicano de Campeche e cabeceira do municipio homónimo. É unha cidade histórica fortificada que se encontra na ribeira do golfo de México, na península de Iucatán. É famosa por ser unha das poucas cidades amuralladas de América e a única de México. Conserva en excelente estado o seu patrimonio histórico, unha das razóns pola que foi declarada Patrimonio Cultural da Humanidade pola Unesco en 1999.

Como capital do estado, é sede dos poderes lexislativo, executivo e xudicial. Alberga os principais centros educativos e culturais do Estado, e desde o plano económico, destaca como un importante centro turístico e comercial.

Denominación

Aínda que durante boa parte do século XX, a Cidade foi coñecida unicamente como Campeche e incluso brevemente bautizada como Campeche de Baranda por un decreto expedido o 16 de outubro de 1892, o nome orixinal da Cidade, que foi Vila até finais do século XVIII, foi San Francisco de Campeche. En efecto, o 1 de outubro de 1777 o reo Carlos III asinou en San Ildefonso o outorgamento oficial do título de Cidade á Vila que xa levaba o nome de San Francisco de Campeche.

"Eu, Don Carlos, pola graza de Deus, Rei de Castela, de León, de Aragón.... de Toledo, de Galicia.... de Xibraltar, das Illas Canarias, das Indias Orientais, Occidentais,..... (...) ...., outorgo o Título de Cidade, para a Vila de San Francisco de Campeche na Provincia de Iucatán"

A recuperación deste nome obedece á intención de recoñecer o legado histórico e cultural da capital do estado de Campeche.

Toponimia

O poboado maia orixinal chamouse KaanPeech (do maia: Kaan= serpente, Peech= carracho, que se traduce: lugar de serpentes e carrachos). Ao chegar os españois castelanizaron a pronunciación en "Campeche" e bautizaron o lugar co nome de Lázaro, por ter chegado un domingo de Lázaro. Logo fundarían a vila separada da localidade maia a cal se denominou Salamanca e en 1540 cambiou o seu nome polo de Vila de San Francisco de Campeche.

De acordo coas ilustracións de antigos textos históricos de Campeche, o seu nome podería deberse a que os nativos que encontraron os españois, lles dixeron que o sitio se chamaba Can Pech; este termo literalmente significa "Serpente - Carracho" e interprétase como o lugar onde se adoraba a boa. (A boa é un réptil que acepta como parasito a carracha e nos monumentos maias encontraron os españois serpentes enormes).

Escudo

O escudo da cidade está composto por catro cuarteis: dous con castelos en campo de goles e dous con galeóns en campo de azur; todo o escudo está orlado co cordón de San Francisco e a coroa real, por servizos prestados.

Os cuarteis con fondo vermello representan a valentía dos seus habitantes; esta cor é reflexo da firmeza e honradez do carácter dos seus habitantes. Os cuarteis con fondo azul representan a lealdade e os bos sentimentos. Os galeóns fan lembranza dos tempos nos que San Francisco de Campeche era un importante porto marítimo mentres que as torres fana ás murallas da cidade, e ao poder de defensa do territorio.

Considérase un dos mellores e máis expresivos concedidos pola coroa española en relación coa Nova España. Fala por si mesmo. Naves e castelos en harmónica combinación heráldica, cinxidos polo cordón sanfranciscano. Imaxe imperecedoira do recinto amurallado e da súa vocación mariñeira.

Historia

Época prehispánica

Aínda que a cidade non foi fundada até a conquista de México polos españois, os maias ocuparon a rexión desde o ano 900 A zona que comprende a actual cidade de San Francisco de Campeche estivo baixo o dominio de Edzná, antiga cidade que se atopaba a 61 km ao suroeste da actual cidade, construída por un pobo de orixe chontal, os maias itzáes, os mesmos que edificaron Chichén-Itzá. Edzná alcanzou o seu esplendor polo ano 1000,

Primeiras expedicións

A primeira expedición dos españois que tocou as costas de Campeche foi comandada por Francisco Hernández de Córdoba en 1517. Esta partiu da illa de Cuba o 8 de febreiro, tocou Illa Mujeres e Cabo Catoche os primeiros días de marzo, proseguiu costeando a península e chegou a Campeche o domingo de San Lázaro 22 de marzo de 1517, motivo polo cal Hernández de Córdoba bautizou o lugar con ese nome. Os naturais de Campeche recibiron ben os españois e tocábanlle a barba e os corpos.

A crónica de Bernal Díaz del Castillo narra que poucos días despois avistaron un poboado sementado na costa, desembarcaron cautelosamente e poñendo pé en terra descubriron "Can Pech". Este feito tivo lugar o domingo 22 de marzo de 1517. Necesitados de auga, os españois desembarcaron con axuda de bateis e abastecéronse nun pozo. Ao achegarse os maias, os españois indicaron por medio de sinais que viñan en son de paz; o cacique da rexión preguntoulles se viñan de onde sae o sol, mencionando a palabra "castilán". Os españois, sorprendidos ante esta palabra, responderon afirmativamente, e o cacique convidounos á súa poboación, onde se acendeu copal. Por medio de sinais, o halach uinik indicoulle aos expedicionarios que tiñan que abandonar o lugar antes de que se apagara o lume. Mentres tanto, foron chegando guerreiros ao lugar. Pola experiencia de Cabo Catoche, os españois preferiron irse. (Serían sorprendidos por un vento de "norte" e co mar axitado, perderían a auga abastecida, tendo que desembarcar outra vez para a súa mala sorte en Chakán Putum, onde se libraría a más forte batalla entre maias e españois).

Conquista

Unha vez concluída a conquista de Tenochtitlán, Francisco de Montejo viaxou a España onde lle solicitou a Carlos V permiso para conquistar a península de Iucatán. En 1526, a coroa española outorgoulle a Montejo o título de "Adiantado, gobernador, alguacil maior e capitán xeneral de Iucatán". As conquistas de Champotón e Campeche foron parte da Conquista de Iucatán, a cal se realizou en tres etapas.

Na primeira etapa (1527 a 1529), Montejo fixo incursión pola costa oriental da península con axuda do capitán Alonso Dávila, a quen coñecía desde a expedición de Cortés, mais sendo repelidos polos maias.

Na segunda etapa (1530-1535), Montejo incursionou no occidente, e logrou fundar “Salamanca de Campeche” en 1531. Alonso Dávila foi enviado por Montejo a cruzar o sur da península e fundou Villa Real en Bacalar, mais esta posición tivo que ser abandonada. O fillo de Montejo, coñecido como Montejo "o Mozo" é vencido na cidade real de Chichén Itzá cara a finais de 1534, polo que en 1535 os españois abandonan a península durante cinco anos.

Cara a 1540, “o Adiantado” ordenoulle a Lorenzo de Godoy instalar a primeira guarnición en San Pedro de Champotón, que lograron manter con moitas dificultades, pois non contaban nin con xente nin con soldados. Montejo "o Sobriño" axudou a manter a guarnición e cambioulle o nome polo de “Salamanca de Champotón”. “O Adiantado” chegou á Cidade Real de Chiapa (San Cristóbal de las Casas) en 1540, e desde alí xirou instrucións a Francisco Gil para que quedase a cargo da posición de Champotón e deste xeito “o Mozo” e “o Sobriño” comenzarían a avanzada cara ao norte.

Francisco de Montejo y León "o Mozo" estableceu unha nova guarnición, como o fixera dez anos antes seu pai, o 4 de outubro de 1540; chamouna “San Francisco de Campeche” en honra ao seu pai. Esta incluía Chakán Putum, Can Pech e Ah Canul. O porto sería unha posición de grande importancia loxística para continuar a conquista da península.

O batab da cidade de Calkiní na xurisdición de Ah Canul de nome Nachan Chan, detivo brevemente o avance. Pero finalmente Montejo “o Sobriño”, puido sometelo e avanzar a Tenabo, Hecelchakán, Calkiní, Pocboc até chegar a Maxcanú, na fronteira da xurisdición de Chakán. Os aguerridos maias rebelaríanse o 11 de xuño de 1541, día de san Bernabé, dando lugar a unha das batallas máis feroces da conquista.

En 1546, cando a conquista de Iucatán parecía ter terminado, “o Adiantado” e a súa dona viaxaron a San Francisco de Campeche a reunirse co seu fillo “o Mozo” e “o Sobriño”. Os maias organizáronse en secreto, e a noite do 8 a 9 de novembro (5 Cimi 19 Xul, morte e final do calendario maia) estallou unha gran rebelión. “O Mozo” e “o Sobriño” retomarían novamente as armas para “reconquistar” a península e someter as rebelións un ano máis tarde.

Época colonial

A vila daquelas edificouse arredor dunha praza ocupada unicamente pola picota, unha columna que servía como símbolo de poder e xustiza española. Arredor da praza construíronse a parroquia da Nosa Señora da Purísima Concepción, a Audiencia e as casas dos conquistadores de rango máis elevado. En torno a unha praza menor construiríase o mercado e desenvolveríase a vida comercial. O cárcere, o Palacio Municipal e a torre de defensa contra os ataques piráticos construiríanse pouco despois.

A vila fundada polos españois quedou un tanto apartada da localidade maia. Os españois fixeron a súa vida en torno á praza, no actual barrio de San Román, mentres que os indíxenas agregáronse nos antigos asentamentos prehispánicos, actualmente os barrios de San Francisco e Siete de Agosto. Os naboríos, indíxenas mexicas que chegaron cos conquistadores, ocuparon o barrio de San Francisco, e a poboación de escravos provenientes de África nos barrios de Santa Ana e Santa Lucía.

O comercio marítimo condicionou o desenvolvemento da vila, polo que esta foi deseñada cun modelo renacentista: unha traza regular en dameiro en torno a unha praza excéntrica que, segundo as ordenanzas da Coroa Española, debía servir para as festas e cerimonias, orientada en torno á súa baía.

Unha vez establecido Francisco de Montejo y León "o Mozo" na vila, a cidade converteu na base de operacións para a conquista do resto de Iucatán (1542-1546) que levou á ocupación de Ichkanzihóo (Th'o), vella cidade dos Itzáes, entón abandonada, onde se fundou a capital provincial, Mérida en 1542.

Á conquista "armada" seguiu a conquista "ideolóxica, que consistiu na implantación das crenzas doutrinais europeas, particularmente a da relixión católica. A primeira orden relixiosa que arribou a Campeche foi a dos franciscanos, quen chegaron a Campeche en 1535, mais tiveron que retirarse por unha serie de dificultades suscitadas tanto por indíxenas como polos propios españois, para regresar cinco anos despois de que Montejo se establecera en Campeche, en 1540. Ao seu regreso, iniciaron a construción dun templo e convento dedicado a San Francisco próximo á poboación maia, o seu fundador foi frei Luis de Villalpando.

A evanxelización foi similar en toda Nova España, os franciscanos non tiveron maior dificultade unha vez vencidas as barreiras do idioma, e foron a única orde que levou a cabo esta tarefa na provincia de San José, que era como se lle chamaba á Península de Iucatán. Os evanxelistas deberon superar certas dificultades, como as diferenzas dunha cultura comunitaria, como era a dos indíxenas.

En 1542, o rei proclamou as chamadas Leis Novas, que establecían a liberdade dos indios como súbditos da Coroa. A escravitude foi legalmente abolida, pero continuaría por outros medios. A encomenda suxeitaba a un determinado número de pobos a un español, a quen debían tributar en especie (cera, mantas de algodón) e traballo. Os que non foron encomendados quedaron baixo a xurisdición real e recibiron o nome de "pobos da Real Coroa". Os indíxenas tributarios das encomendas españolas, continuaron sufrindo un trato que era practicamente de escravitude. Os frades das distintas ordes relixiosas presentes loitaron por defender os dereitos dos indíxenas, preservar a súa liberdade e limitar os abusos dos conquistadores. Grazas a iso, en 1547, Filipe II de España emitiu unha cédula real en favor da liberdade persoal dos indíxenas, e para cerciorarse de que os seus intereses se cumpriran, creou unha Alcaldía Maior para a provincia de Iucatán.

Comercio e piratería

A posición de Campeche no golfo de México converteuna no principal porto da península de Iucatán, destacando como punto de enlace co estranxeiro, o que permitiu o auxe económico e o crecemento da poboación. De aí saíron cargamentos do chamado pau de Campeche, tamén coñecido como "pau de tinxir", produto autóctono da rexión que daría lugar a grandes facendas, entre as que se contan Uayamón, Xanabchakán e Mucuychacán, por mencionar tres delas, e tamén de sal. O porto de Campeche adquiriu fama tamén pola súa industria de estaleiros.

O monopolio comercial de España, implantado pola Casa de Contratación de Indias ás súas colonias, que lles prohibía comerciar incluso entre elas e con outras partes do mundo, propiciou prácticas ilegais como a piratería. Unha das medidas para frealas foi a promulgada en 1616 polo Alcalde Maior de Iucatán Luis de Céspedes y Oviedo, que implicou a creación dunha licenza sobre o corte e o comercio do pau de Campeche, así como novos impostos. Esta primeira medida foi insuficiente e contraproducente, pois lonxe de abater a piratería, fomentouna. En 1629, o Rei de España Filipe IV creou unha armada gardacostas para protexer o comercio, mais esta medida tampouco deu os resultados esperados, como tampouco os deu a guarnición militar para protexer a cidade que implantara o Alcalde Centeno Maldonado. As constantes presións por parte dos outros estados europeos e as continuas revoltas nas súas posicións neerlandesas imposibilitaron a adopción de novas medidas en contra da piratería, que continuaba en apoxeo.

Entre os piratas máis célebres que atracaron en Campeche están Francis Drake, John Hawkins, Laurens de Graaf, Cornelius Jol, Jacobo Jackson, Jean Lafitte, Michel de Grandmont, Bartolomeu Portugués, William Parker, Jean David Nau, Edward Mansvelt, Henry Morgan, Lewis Scott e Roche Brasiliano.

O 27 de xaneiro de 1661 presentouse no porto de San Francisco de Campeche unha flotilla de filibusteiros e, aínda que non desembarcou, saqueou dúas fragatas de comercio, ben cargadas, que apenas arribaron e logo se retiraron tranquilamente, sen ser perseguidos, pois ese día non había na baía barco armado capaz de darlle caza. O xefe desta expedición filibusteira chamábase Henry Morgan.

Un pirata moi temido na vila de Campeche foi Laurens de Graaf ou Lorencillo, que era holandés e servira ao rei de España combatendo os filibusteiros. Pero logo se dedicou el tamén á piratería. En 1672 atacou e tomou a vila de Campeche e outros vinte pobos da redonda. Estivo dous meses e capturou tantos prisioneiros e roubou tantas xoias e pezas de prata que colmaron a carga da súa nave. Foi perseguido por tres fragatas españolas con canóns. O pirata esquivou os ataques, arroxou ao mar toda a carga para que a nave lograse maior velocidade e, con vento a favor, afastouse rapidamente.

Outro pirata foi El Olonés, cuxo verdadeiro nome era Jean David Nau. Cometeu innumerables e famosos ataques contra as colonias españolas de terra firme. Nunha terrible tormenta, perdeu o seu barco nas costas de Campeche. Todos os homes foron salvados, pero, chegando a terra, os españois perseguíronos matando a maior parte deles, e ferindo tamén ao Olonés. Non sabendo este como escapar, pensou en salvar a súa vida por medio dunha estrataxema: tomou varios puñados de area e mesturándoa co sangue das súas propias feridas enzoufou a cara e outras partes do seu corpo, e logo ocultouse con gran destreza entre os mortos e permaneceu inmóbil até que os españois se foron do campo da loita. Cando se foron, retirouse ao bosque, vendou as súas feridas e coidounas até sandar e entón dirixiuse á Cidade de Campeche perfectamente disfrazado. Na cidade falou con certos escravos aos que lle prometeu liberdade en caso de que o obedeceran. Estes aceptaron as súas promesas e roubando de noite unha canoa, lanzáronse ao mar co Olonés.

Fortificación

"Amagada case desde a súa fundación por inimigos de diversas nacionalidades e condicións, a cidade foi tomada e saqueada en 1597 por William Parker, en 1633 por Cornellius Joll e Diego o Mulato e en 1663 polo holandés Mansvelt. A medida que crecía o seu comercio e aumentaba a riqueza e o número de habitantes, Campeche tornábase unha presa cada vez más cobizada e as súas naves indefensas eran un regalo para os inesgotables apetitos dos nómades do mar que case sen oposición, sucaban as augas do Golfo de México e do Mar Caribe...."

En vista de que as medidas antipiratería tomadas até entón demostraban ser insuficientes, en 1651 proxectouse a construción de fortificacións defensivas, e aumentouse a frota gardacostas. En 1680 propúxose a construción dunha muralla que bordeara a cidade; a obra púxose en marcha en 1686 e concluíuse en 1704.

O enxeñeiro francés Louis Bouchard de Becour encargouse de unificar todas as obras defensivas que rodeaban a cidade cun muro. Na súa fin, o muro que rodea a cidade de Campeche posuía de 2560 metros de lonxitude, formando un hexágono irregular arredor da parte principal da cidade, con oito bastións defensivos nas esquinas. Estes baluartes agora teñen diferentes funcións:

  • Santiago: utilízase como o Xardín Botánico "Xmuch'haltún». Reconstruído.
  • San José (El Bajo). Destruído
  • San Pedro: Ex cárcere da Inquisición
  • San Francisco : Protexe a Porta de Terra.
  • San Juan: Protexe a Porta de Terra.
  • Santa Rosa: Exposicións temporais.
  • San Carlos: Alberga o Museo da Cidade. Foi o primeiro en ser construído.
  • Nosa Señora da Soedade: Tamén protexe a Porta de Mar. É o máis grande e ten o Museo de Historia da Cidade.

Ademais de dous fortes próximos á cidade, os cales son:

  • San José (El Alto): museo de armas e barcos
  • San Miguel: museo de arqueoloxía maia e colonial

Tamén contén catro portas para permitir o acceso aos principais sectores. As entradas principais son a Porta de Terra, construído en 1732, e a Porta do Mar. As outras portas foron Guadalupe e San Román, que eran a conexión con estes barrios.

Ademais construíronse os fortes de San José El Alto (construído en 1762) e San Miguel, coas súas dúas baterías, San Lucas e San Matías.

Estes esforzos deron artillería de longo alcance, ademais de servir tamén como miradoiros. Foron construídos antes que os muros da cidade. O forte de San Miguel utilízase como museo e alberga unha colección de temas pre-hispánicos. O forte de San José alberga unha colección de barcos e as armas da época.

= Elevación a rango de Cidade

O escudo de armas que ostenta a cidade de San Francisco de Campeche foille outorgado en 1777 polo rei de España Carlos III, ao ser elevada do título de vila ao de cidade.

Antes de que se adoptara o escudo actual, había un proceso para constituír un escudo como oficial. O primeiro proxecto foi presentado en 1772 ante a posible elevación ao título de cidade da vila de San Francisco de Campeche, ao ser solicitado polo Cabido de Campeche nun concurso para a elección do escudo de Armas. O primeiro deseño foi presentado por Juan Antonio Rexo y Peñuelas o 24 de setembro de dito ano pero foi rexeitado o 17 de outubro por non estar suxeito ás normas da heráldica. Ramón Zazo y Ortega presentou posteriormente tres proxectos; os dous primeiros foron rechazados pero finalmente o terceiro foi aprobado en consello de cabido o 7 de novembro de 1777. O escudo foi aprobado pola súa maxestade co certificado de: se concede a la villa de San Francisco de Campeche el Título de Ciudad.

Xeografía

Atópase a 387 km de Villahermosa ao noroeste, a 177 km ao suroeste de Mérida e a 1.127 km da Cidade de México ao sureste. A cidade ten unha altitude máxima de 10 m sobre o nivel do mar.

Clima

En xeral o clima é cálido, húmido con choivas no verán (de xuño a outubro) e unha temperatura media anual de 27 °C.

Parámetros climáticos medios de San Francisco de Campeche
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura diaria máxima (°C) 20 25 30 35 37 44 41 34 30 25 25 19 <center>33</center>
Temperatura diaria mínima (°C) 15 19 20 22 23 23 29 23 23 22 17 15 <center>21</center>
Precipitación total (mm) 31 10 16 13 52 174 186 189 207 111 45 29 <center>1060</center>
Fonte: Servizo Meteorolóxico Nacional

</center>

Patrimonio da Humanidade

Artigo principal: Centro histórico de San Francisco de Campeche.

En 1986, o Instituto Nacional de Antropoloxía e Historia decretou a protección federal da zona de monumentos históricos da cidade de San Francisco de Campeche, ao valorala como unha das principais cidades portuarias do Vicerreinado da Nova España e ao considerar as vivendas tradicionais da cidade como de grande influencia andaluza, ou ben caribeña. Ademais, os estudos de investigación cromáticos de fachadas reviviron os tímidos tons de cor deslavada nas edificacións de Campeche nunha paisaxe urbana harmónica e luminosa.

Os traballos exhaustivos de intervención e restauración da cidade, animaron as autoridades e a súa poboación a postular ante a UNESCO o máis importante recoñecemento que outorga o organismo, é dicir, que este ben cultural fora inscrito na Lista de Patrimonio Mundial como "Cidade histórica e fortificada de Campeche", en decembro de 1999.

Cidade histórica fortificada de Campeche
Casas coloniais.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País México
Localización
Criterios ii, iv
Inscrición 1999
Identificador 895

Identificación da zona de monumentos

A zona de monumentos históricos da cidade de San Francisco de Campeche atópase na parte suroccidental da península de Iucatán, na baía do mesmo nome, no golfo de México, localizada a 19° 50’ N, 90° 30’ W. A cidade encóntrase sobre unha planicie costeira e a mancha histórica estendeuse cara a una prominencia xeográfica que forma tres lombas, onde se acha un conxunto de baterías de campaña. As vías contemporáneas son radiais do exterior da cidade á zona de monumentos.

O conxunto monumental protexido está dividido en cinco zonas, a de protección A, cunha alta densidade de edificios de valor histórico, en 45 hectáreas, conta cunha declaración federal como zona de monumentos históricos desde 1986. As zonas de protección B-1 a B-4, que corresponde ao perímetro de construcións inmediatas ao recinto A con 1,81 hectáreas, teñen edificacións patrimoniais de menor densidade e valor arquitectónico, e o seu principal fundamento é ser unha zona de transición entre a zona de monumentos e o resto da cidade. O perímetro C, que se considerou necesario para controlar, de acordo coa normativa urbana, os niveis de escala construtiva, co fin de que a zona de monumentos non perda o seu perfil histórico del recinto. Por último, o perímetro D, que está constituído por áreas que algún día foron esteiros e hoxe, ao desecarse, forman parte das reservas territoriais do estado, nas cales se consideran restricións para a súa ocupación e uso. Ao anterior hai que lle engadir 1,38 hectáreas máis, que corresponden a cinco estruturas defensivas periféricas á zona de monumentos históricos. Na zona A encóntranse algúns dos monumentos máis importantes da historia da cidade, como a Catedral da Santísima Inmaculada, varias igrexas, o Teatro de El Toro, os arquivos municipais, as murallas e as súas fortificacións.

A cidade de Campeche está inscrita na Lista de Patrimonio Mundial da UNESCO como "Cidade histórica fortificada de Campeche”, co número 895. Para chegar a este punto consideráronse os criterios ii e iv.

Criterio ii. A cidade do porto de Campeche é un modelo de urbanización dunha cidade colonial barroca, de planta urbana en retícula; as murallas defensivas que rodean o seu centro histórico reflicten a influencia da arquitectura militar no Caribe.

Criterio iv. O sistema das fortificacións de Campeche é un exemplo eminente da arquitectura militar dos séculos XVII e XVIII, e é parte dun sistema defensivo español construído para protexer os portos do Mar Caribe contra ataques piratas.

As fortificacións de Campeche son representativas da arquitectura militar dos séculos XVII e XVIII, e xunto co porto e as fortificacións da Nueva Veracruz constituíu un escudo defensivo da Nova España, que protexía o golfo de México. É a única cidade deste sistema que conserva en gran parte este patrimonio cultural.

Campeche é un modelo urbano barroco hispanoamericano. A cidade fortificada foi construída entre 1686 e 1704, e as súas fortificacións durante o resto do século XVIII. En conxunto, é unha expresión arquitectónica que formou parte do plan xeral de fortificación e cidades portuarias do Caribe do período vicerreinal. En si, o patrimonio construído de Campeche é testemuña material da conservación e integridade do urbanismo colonial. A súa distribución urbana resolveuse con 36 mazás rectangulares, produto dunha traza de rúas reticulares, orientadas de nordeste a suroeste. Na cidade ocorreu algo singular no deseño da súa praza maior: funcionou tamén como praza portuaria, pois combinaba ocupacións de desembarco portuario e as funcións militares de revista, instrución e exercicios.

Comunicacións e transporte

Dentro da cidade destacan importantes vías, o malecón é unha avenida que bordea todo o litoral do Golfo e está conectado coas principais arterias da urbe.

O Aeroporto Internacional Ingeniero Alberto Acuña Ongay ou Aeroporto Internacional de Campeche (código IATA: CPE, código OACI: MMCP), é un aeroporto internacional localizado a 9 quilómetros da cidade de Campeche. É operado por Aeropuertos y Servicios Auxiliares (ASA), unha corporación do goberno federal.

Economía

A economía de San Francisco de Campeche está baseada sobre todo no sector dos servizos: comercio, turismo, comunicacións, administración pública, servizos públicos. Tamén existen diversas maquiladoras téxtiles instaladas na cidade, e pequenas e medianas empresas asociadas á explotación de produtos primarios, conformando o sector secundario. O sector primario persiste mediante a actividade pesqueira. Destaca tamén o sector da construción.

Turismo

Nos últimos anos o turismo tivo un forte impulso no Estado de Campeche. Apuntalando a actividade turística, os lugares emblemáticos na cidade capital son:

Centro e barrios históricos

Cun excelente estado de conservación, a Cidade de San Francisco de Campeche, de estilo colonial barroco, é unha bela mostra dun centro urbano fortificado. Esta cualidade valeulle un título de Patrimonio Cultural da Humanidade por parte da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura.

A súas rúas aliñadas permítennos realizar un percorrido observando a decoración das súas casas, algunhas delas con fortes reminiscencias mouriscas e españolas dos séculos XVIII e algunhas modificacións do XIX. O colorido das súas fachadas imprimen unha vibrante sensación de vida en quen as visitan, cada rúa está chea de historias e lendas.

Nostálxicas murallas rodean parte da cidade que estivo un día completamente protexida. As fortificacións de vellas paredes son un estético recordo da colonia dos séculos XVIII e XIX e un eco de aqueles días de gloria e desastrosos combates.

Á arquitectura civil e militar fusiónase a arquitectura relixiosa, como modestos baluartes da fe que protexeron a poboación durante as ofensivas piratas; igrexas de espadanas franciscanas e retablos barrocos con columnas salomónicas deixan marca do seu forte impacto durante a evanxelización católica en terras americanas fortificadas como a Vila de San Francisco de Campeche. A sobriedade das súas fachadas impóñense á fe cando a protección dos fieis era ponderante.

Sitios arqueolóxicos

Existe o lugar coñecido como Acanmul e tamén relativamente cerca encóntranse os sitios arqueolóxicos de Edzná e Jaina. A cidade tamén se pode tomar como punto de partida para percorrer outros sitios de importancia do Estado de Campeche.

Edzná

A "Casa dos Itzáes", é un sitio onde se encontran unha vintena de edificios monumentais que falan da concentración do poder político, económico e relixioso ocorrido en tempos precolombinos. Edzná é unha das cidades maias máis interesantes polos adiantos tecnolóxicos descubertos nela.

Debido ao tipo de solo, o val no que se encontra, anégase en temporada de choivas e conserva unha alta humidade case todo o ano. Para remediar este inconveniente, os maias desenvolveron un avanzado sistema de obras hidráulicas: unha rede de canles drenaba o val e a auga era conducida cara a unha lagoa, que foi transformada en represa mediante muros de contención, mentres que outras canles servían para irrigar os campos. Isto propiciou un grao óptimo de humidade na terra para o cultivo intensivo en tanto que as canles proporcionaban abundante pesca, ademais de que eran usadas como vías de comunicación e nalgúns casos servían como defensa. As prazas tiñan un sistema de desaugadoiro e a auga da chuvia chegaba a depósitos artificiais chamados "chultúns".

Edzná contaba con numerosos edificios relixiosos, administrativos e habitacionais distribuídos nunha superficie de 25 quilómetros cadrados aproximadamente. É de particular importancia neste sitio o edificio dos cinco pisos, o cal se encontra construído sobre unha gran plataforma que lle dá gran maxestuosidade arquitectónica.

Jaina

A "Casa no Mar" é un dos sitios máis interesantes da rexión debido principalmente á súa fama como necrópole maia. Nos arredores do sitio atopáronse uns mil enterramentos humanos, nos que se encontraron extraordinarias pezas de barro que posiblemente foron depositadas como ofrendas mortuorias. Ditas pezas, no seu momento, determinaron unha nova forma de apreciar a arte maia realizada en barro, pois a súa calidade superaba amplamente o encontrado até aquelas noutros sitios da área.

"Los Petenes"

Parte da zona urbana de San Francisco de Campeche linda coa Reserva da Biosfera Los Petenes.

Curiosas formas circulares de vexetación foron chamadas peténs onde o nacemento dunha fonte de auga doce, no medio dunha área de auga salgada, propicia o desenvolvemento de plantas menos resistentes ao sal, dando lugar a illotes onde a flora vai tomando xerarquía en torno ao nacemento da auga doce. É toda unha organización que permite a aniñamento e refuxio dun gran número de especies de aves e mamíferos.

No mangleiral costeiro da reserva existen innumerables camiños naturais que conforman atractivos percorridos. Neles realízase a pesca deportiva do Prochilodus lineatus e a observación de aves e outras especies animais.

A enorme riqueza natural da zona conforma un bo escenario para o desenvolvemento de diversas actividades ecoturísticas.

Demografía

Cunha poboación de 220.389 habitantes, segundo o "Censo de Población y Vivienda 2010", é a cidade máis poboada do estado.

Educación

En San Franciso de Campeche existen varias institucións que ofrecen estudos de nivel superior. Entre estas destacan:

  • Universidade Autónoma de Campeche (UACam)
  • Benemérito Instituto Campechano (IC)
  • Universidade Interamericana para o Desenvolvemento (UNID)
  • Instituto Tecnolóxico de Campeche (ITCam)
  • Instituto Tecnolóxico de Lerma (ITLer)
  • Instituto Tecnolóxico Superior de Calkiní no Estado de Campeche (ITESCAM)
  • Universidade Mundo Maia (UMMA)
  • Universidade Interamericana do Norte (UIN)

Cultura

Vestido típico

Esencialmente composto de 3 pezas, a parte superior ten a súa orixe no huipil ou hipil mestizo, diferénciase en que é bordado en cor negra e con motivos inspirados nas flores de cebola e cabaza. Complementa o traxe un rebozo de Santa María; a faldra é de orixe española e chega até os nocellos e está feita de percal ou zaraza, tafeta fina estampada ou brocado español.

Gastronomía

Recordando o "Poeta del Crucero" iucateco, admirador profundo de Campeche:
"Dos cosas tiene Campeche que causan admiración: su pámpano en escabeche.... y su rico pan de cazón"

Entre os seus pratos a destacar está o cóctel de mariscos; ademais dos citados pescado en escabeche e o pan de cazón. Tamén destacan a sierra frita, o pámpano en verde, así como os antojitos de rexión como son os panuchos e os tamales colados, entre outros.

Feiras e eventos culturais

  • Feira do Pan: no mes de marzo
  • Carnaval: celébrase desde hai máis de 450 anos.
  • Feira de San Román: do 14 ao 30 de setembro. Inicia coa baixada do Cristo Negro da Igrexa do barrio homónimo.
  • Feira de San Francisco: celebrada do 4 ao 19 de outubro.
  • Festival Internacional Cervantino.
  • Festival Cultural do centro histórico: realízase en decembro

Personalidades egrexias

Nesta cidade naceron eminentes personaxes tales como:

  • Jacinto Canek
  • Justo Sierra Méndez
  • Héctor Pérez Martínez
  • Humberto Herrera Baqueiro
  • Jorge Carpizo McGregor
  • María Lavalle Urbina
  • Juan de la Cabada Vera
  • Román Piña Chán
  • Pedro Sainz de Baranda y Borreiro
  • Joaquín Clausell

Cidades irmandadas

A cidade está irmandada con:

  • Cartaxena de Indias
  • border Matanzas
  • Halifax
  • Lynwood
  • Sherman
  • Valencia
  • Sevilla

</td><td valign=top>

  • La Paz
  • Le Havre
  • San Xoán
  • Arezzo
  • Veracruz
  • San Cristóbal
  • Santander

</td><td valign=top>

  • Reiquiavik
  • Copenhague
  • Carcasona
  • Dubrovnik
  • Laredo
  • Eivisa
  • Quetzaltenango

Véxase tamén

Ligazóns externas

ten máis contidos multimedia na categoría:

</div>

Listado nas seguintes categorías:
Envía un comentario
Consellos e suxestións
Oscar Román
18 October 2013
El mejor lugar de campeche para comprar cosas para tu fiesta o reunión social!
Luis Perez
15 August 2013
Sigue siendo el mejor lugar para adquirir insumos para tus fiestas
Alberto Ferrer
4 November 2011
Saluda al viene viene , y pregunta por ardelaria son de la fauna propia de super campeche
Jan Romero
19 January 2014
Lleguen tardecito. Siempre abren después de la hora que dicen.
Freddy Tun
17 October 2011
Si piensas comprar aki, recuerda q a la 1:30 cierran y abren d nuevo hasta las 5!!!
Romina Fuentes
20 February 2012
Hay todo para reposteria y fiestas!
Cargar máis comentarios
foursquare.com

Hoteis próximos

Ver todos os hoteis Vexa todo
Hotel Plaza Campeche

a partir de $54

Hotel Plaza Colonial

a partir de $53

City Express Campeche

a partir de $47

City Express Campeche

a partir de $0

Hotel Socaire

a partir de $53

San Diego Tu Casa

a partir de $21

Atracciones recomendadas nas proximidades

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Jaina Island

Jaina Island is a pre-Columbian Maya archaeological site in the

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Edzna

Edzná is a Maya archaeological site in the north of the Mexican state

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Chunchucmil

Chunchucmil was once a large, sprawling pre-Columbian Maya city

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Uxmal

Uxmal era unha antiga cidade maia localizada a 78 Km ao sur de

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Xtampak

Xtampak (also known as Santa Rosa Xtampak) is a Maya archaeological

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Oxkintok

Oxkintok is a pre-Columbian Maya archaeological site on the Yucatán

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Sayil

Sayil is a Maya archaeological site in the Mexican state of Yucatán,

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Kabah (Maya site)

Kabah (also spelled Kabaah, Kabáh, Kahbah and Kaba) is a Maya

Atraccións turísticas similares

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Eivissa

Eivissa (en castelán Ibiza) é unha illa situada no mar Mediterráneo e

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Xanthos

Xanthos (latín Xanthus) foi a capital de Licia e estaba situada

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Old Rauma

Old Rauma (Finnish: Vanha Rauma) is the wooden city centre of the town

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Acropolis of Rhodes

The Acropolis of Rhodes is an acropolis dating from the Hellenistic

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Illa Tino

Tino é unha illa de Italia situada no mar da Liguria, no extremo

Ver todos os lugares similares