Sensō-ji é un popular templo budista situado no distrito de Asakusa (浅草), Toquio. Outros nomes polo o que é coñecido son o Templo de Asakusa Kannon (pola devoción á deusa Kannon) ou, simplemente, Templo de Asakusa. A súa gran popularidade como atracción turística ven derivada do seu xigantesco Chōchin presidindo a entrada exterior.
O templo posúe unha porta exterior que é coñecida como a “porta do trono”, en xaponés KaminariMon (雷門 – símbolos que podemos ler no Chōchin) que nos dá a entrada á Nakamise-dōri (仲見世通り), un pasillo de tendas (maiormente adicadas aos souvenirs e á alimentación) antes de desembocar no propio templo, conformado por : a porta interior (Hōzōmon), as edificacións adxuntas (para ler a fortuna, comprar amuletos ou purificarse), unha pagoda de cinco niveis e o altar principal, lugar onde se realizan maiormente os rezos.
Este é o templo onde se acolle a festividade de Sanja Matsuri , un dos máis importantes de Toquio.