Tel Aviv-Yafo (hebreo: תֵּל־אָבִיב-יָפוֹ; árabe: تَلْ أَبِيبْ يَافَا) é a segunda cidade máis poboada de Israel, e está localizada na costa do Mar Mediterráneo. Tamén forma a maior área metropolitana do estado de Israel, o chamado Gush Dan.
A densidade de poboación é de 7.445 persoas por km². De acordo
coa Oficina Israelí de Estatísticas (CBS), en xuño do 2006, a
poboación da cidade situábase nos 380.600 habitantes, cun
crecemento anual do 0,9%. O 96,1% dos cidadáns son xudeus, mentres
que o 3 % son árabes musulmáns e o 0,9 % son árabes
cristiáns. Algunhas estimacións din que na cidade residen uns
50.000 traballadores ilegais.
Orixe do
nome
O nome de Tel Aviv en Hebreo significa "Outeiro
(tell|tel) da primavera (aviv)". Este é o nome dado
por Nahum Sokolow para a tradución hebrea do libro de Theodor Herzl
Altneuland ("A vella nova terra").
Cultura
En Tel Aviv destacan varias institucións culturais como o
Instituto Afro-asiático para Estudos de Traballo e Cooperación , a
Orquestra Filharmónica de Israel, o Habimah, que é o Teatro
Nacional de Israel, e o Museo de Tel Aviv. Destaca tamén a casa
preservada en memoria de Haim Nachman Bialik, un recoñecido poeta
nacional. Foi considerada Patrimonio Mundial no 2003.
Clima
Tel Aviv ten un clima mediterráneo con veráns quentes e húmidos,
e invernos chuviosos. A temperatura media do verán é de 26 °C
e no inverno é de 12 °C. A humidade tende a ser alta durante
todo o ano, especialmente entre os meses de outubro e abril, a
estación húmida. A media de precipitacións é de 530 milimetros. No
inverno a temperatura pode caer unha ou dúas veces a 6 °C
polas mañás. A temperatura tamén pode chegar aos 35 °C durante
as vagas de calor.
Alcaldes da
cidade
- Meir Dizengoff (1921–1925)
- David Bloch (1925–1927)
- Meir Dizengoff (1928–1936)
- Israel Rokach (1936–1952)
- Chaim Levanon (1953–1959)
- Mordechai Namir (1959–1969)
- Yehoshua Rabinowitz (1969–1974)
- Shlomo Lahat ("Chich") (1974–1993)
- Ronnie Milo (1993–1998)
- Ron Huldai (1998–)
Cidades
irmás
- Tolosa (1962)
- Filadelfia (1967)
- Frankfurt (1980)
- Budapest (1989)
- Bonn (1983)
- Buenos Aires (1988)
- Belgrado (1990)
- Sofia (1992)
- Varsovia (1992)
|
- Cannes (1993)
- Essen (1992)
- Salónica (1994)
- Milán (1994)
- Lodz (1994)
- Pequín (1995)
- Colonia (1997)
- Nova York (1996)
|
- Barcelona (1998)
- Gaza (1998)
- Esmirna (1998)
- Almaty (1999)
- Incheon (2000)
- Chisinau (2000)
- Moscova (2000)
- Viena (2005)
|
Galería
de imaxes
Imaxes de Tel
Aviv |
Escultura do Polbo, praia
|
Minarete e escultura, praia
|
Museo da Diáspora, acceso superior
|
Museo da Diáspora, acceso posterior
|
Tel Aviv, edificio Isrotel
|
Universidade de Tel Aviv, Centro do programa
preparatorio
|
Colexio Académico de Educación de Achva
|
Fonte do Zodiaco, Yafo-Tel Aviv
|
Torre do reloxio, Yafo-Tel Aviv
|
Grande Sinagoga de Tel Aviv
|
Centro educativo do Museo de Arte
|
|
Véxase
tamén
Ligazóns
externas