O Templo Dourado, tamén coñecido como Harmandir Sahib (en punjabi: ਹਰਿਮੰਦਰ ਸਾਹਿਬ), ou Darbar Sahib (en punjabi: ਦਰਬਾਰ ਸਾਹਿਬ) é o máis sagrado gurdwara sikh. Atópase na cidade de Amritsar, na India, que foi fundada no 1574 polo cuarto gurú Sikh, Guru Ram Das. Harmandir Sahib foi deseñado polo quinto gurú, Guru Arjan, que foi quen completou o Adi Granth, a máis sagrada escritura do sikhismo, en 1604 e quen a depositou no templo.
</div>