Velia

Velia era o nome romano dunha antiga cidade da Magna Grecia na costa do Mar Tirreno. Fundada polos gregos de Focea como Hyele (grego antigo: Ὑέλη) ao redor do 538–535 a.C. O nome cambiou máis tarde a Ele e despois Elea (; grego antigo: Ἐλέα) antes de que fose coñecida polo seu nome italiano e latino durante a era romana. As súas ruínas están situadas na rexión de Cilento, preto da moderna vila de Velia, que leva o nome da antiga cidade. A aldea é unha frazione da comune de Ascea na provincia de Salerno, en Campania, Italia.

A cidade era coñecida por ser a casa dos filósofos Parménides e Zenón de Elea, así como a escola eleática da que formaban parte. O sitio da acrópole da antiga Elea foi unha vez un promontorio chamado Castello a Mare, que significa "castelo no mar" en italiano. Agora atópase no interior e pasou a chamarse Castellammare della Bruca na Idade Media.

Xeografía

A cidade está situada preto da costa do Mar Tirreno nunha zona montañosa próxima á Marina di Casalvelino e Marina di Ascea, nunha estrada que une Agropoli co sur da Costa cilentina. A súa poboación sitúase principalmente na chaira xunto ao mar (que rodea a parte sur das antigas ruínas) e nas zonas de outeiros de Enotria, Bosco e Scifro. Velia tamén tiña unha estación de ferrocarril na liña Nápoles-Salerno-Reggio Calabria, pechada a finais dos anos setenta.

Historia

Segundo Herodoto, no 545 a.C. os gregos xónios fuxiron de Focea na moderna Turquía, que estaba a ser sitiada polos persas. Despois dalgúnhas andanzas (de 8 a 10 anos) polo mar, detivéronse en Reggio de Calabria, onde probablemente xuntáronse Xenófanes, que estaba nese momento en Messina e logo emigraron cara ao norte ao longo da costa e fundaron a cidade de Hyele, despois renomeada como Ele e despois, eventualmente, Elea. A localización está case á mesma latitude que Focea.

Elea non foi conquistada polos Lucanos, pero finalmente uniuse a Roma no 273 a.C e foi incluída na antiga Lucania. De acordo co libro 6 da Eneida de Virxilio, Velia é o lugar onde o corpo de Palinuro chegou a terra.

Ruínas

Existen restos das murallas da cidade, con vestixios dunha porta e varias torres, dunha lonxitude total de máis de tres quilómetros, e pertencen a tres períodos diferentes, en todos os cales utilízase a calcaria cristalina da localidade. Os tixolos tamén se empregaron en tempos posteriores, a súa forma é peculiar deste lugar, cada un deles con dúas canles rectangulares nun lado e de aproximadamente 3´8 cm. cadrados, cun grosor de case 10´16 cm. Todos levan selos de tixolos gregos. Hai algúns restos de cisternas no sitio, e, outros restos de edificios.

Eleáticos

Artigo principal: Eleáticos.

Os Eleáticos eran unha escola de filosofía presocrática. O grupo fundouse no inicio do século V a.C. por Parménides. Outros membros da escola foron Zenón de Elea e Meliso de Samos. Xenófanes ás veces está incluído na lista, aínda que hai algunha disputa respecto diso.

Veciños famosos

Estacio, pai do poeta romano Publius Papinius Statius naceu en Hyele (Silv 5.3.127). Parménides, filósofo e fundador dos Eleaticos Zenón de Elea, filósofo eleático coñecido polas súas paradoxos

Galería

A Porta Rosa (Porta rosa, pero Rosa, aquí pretende ser un nome), feita de pedra sen labrar, ladrillos de gres, un raro exemplar dun arco grego, de ao redor do século IV a.C. 
A estrada Porta Rosa era a rúa principal de Elea, entre os séculos IV e III a.C. 
A torre medieval de Velia construída dun templo grego 
Dracma, circa 535-510 a.C. 
Estatero acuñado no 334-300 a.C. Atenea levando un casco frixio decorado cun Centauro, León devorando presa. 

Véxase tamén

Outros artigos

  • Paestum

Ligazóns externas

Listado nas seguintes categorías:
Envía un comentario
Consellos e suxestións
Cilento
10 May 2012
L’antica città di Elea, fondata intorno al 540 a.C., patria di Parmenide…
Cargar máis comentarios
foursquare.com

Hoteis próximos

Ver todos os hoteis Vexa todo
Kastria Hotel

a partir de $98

Hotel Partner

a partir de $70

Hotel Partner

a partir de $55

Hotel Vlora

a partir de $35

Hotel Tozo

a partir de $25

Villa Bregdet

a partir de $21

Atracciones recomendadas nas proximidades

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Torre del Telegrafo (Ascea)

La Torre del telegrafo è un edificio, oggi diruto, che faceva parte

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Second Temple of Hera (Paestum)

The Temple of Hera II (also erroneously called the Temple of Neptune

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Paestum

Paestum (antiga Poseidonia) é o nome romano clásico dunha importante c

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Temple of Athena (Paestum)

The Temple of Athena is a Greek temple found at Paestum, in Capaccio

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Castelcivita Caves

The Castelcivita Caves (Italian: Grotte di Castelcivita) are a

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Foce del Sele

The Foce del Sele or 'mouth of the River Sele' or Heraion at the mouth

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Certosa di Padula

Padula Charterhouse, in Italian Certosa di Padula (or Certosa di San

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Pertosa Caves

The Pertosa Caves (Italian: Grotte di Pertosa) are a remarkable karst

Atraccións turísticas similares

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Machu Picchu

Machu Picchu (do quechua sureño Machu Pikchu, 'montaña vella') é o no

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Acrópole de Atenas

A Acrópole de Atenas pode considerarse a máis representativa das a

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Old Town, Al-'Ula

The Old Town is an archaeological site near Al-'Ula, Medina Province,

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Persépole

Persépole (do grego Περσέπολις, Persépolis, literalmente «a cidade p

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Temple of Poseidon, Sounion

The ancient Greek temple of Poseidon at Cape Sounion, built during

Ver todos os lugares similares