O viaduto de Glenfinnan é un viaduto para paso do tren en Glenfinnan, no oeste de Escocia.
O viaduto está situado na liña da Terra Alta Occidental, que une Glasgow con Mallaig a través de Fort William.
Construíuse entre 1897 e 1901 guiando a obra o enxeñeiro Robert McAlpine, e daquela foi un dos maiores viadutos edificados enteiramente con cemento. Ten 380 m de longo, e 21 arcos, dos cales o máis alto supera os 30 m.
Aínda que unha liña de tren normal segue funcionando entre Fort William e Mallaig con regularidade, no verán entra en funcionamento un tren histórico especial, con fins turísticos.
O viaduto de Glenfinnan usouse en distintos filmes e series de televisión, como Charlotte Gray ou Monarch of the Glen, pero a máis importante é a súa aparición en Harry Potter e a Cámara dos Segredos, onde unha escena ten lugar aquí, no expreso de Hogwarts que leva os rapaces á seu internado anual na escola. Posteriormente tamén aparece en Harry Potter e o preso de Azkaban e Harry Potter e o Cáliz de fogo.