Erecteion

O Erecteion (en grego: Έρέχθειον Erechtheion) é un templo grego erixido no lado norte da Acrópole de Atenas na honra aos deuses Atenea Poliás, Poseidón e Erecteo, rei mítico da cidade. De orde xónica, áptero, é un dos máis belos monumentos arquitectónicos gregos. A súa construción atribúese ao arquitecto Mnesicles, autor tamén dos Propileos. O Erecteion está feito de mármore pentélico. A súa construción iniciouse no -421 e rematouse no -406. O seu nome, que significa «o que sacode a Terra », designa o alcume ático de Poseidón.

...

O Erecteion substituíu ao templo arcaico de Atenea Poliás que se atopaba entre o Partenón e o emprazamento actual, que fora destruído polos persas no -480 no tempo das guerras médicas.

De planta irregular, polo declive do terreo, consta de tres pórticos. Un deles, a cara sur, é a famosa tribuna das Cariátides, que indicaba a tumba do mítico rei Cécrope. Consta de seis columnas con figura de muller de 2,3 metros de altura, que sosteñen o entaboamento. As que se atopan in situ son copias; 5 delas atópanse no Museo da Acrópole, e unha no Museo Británico de Londres. A tribuna contaba con decoración policromada.

O templo atópase no emprazamento da Acrópole primitiva e agrupaba algunhas das reliquias máis antigas e máis sacras dos atenienses; é neste lugar onde tivo lugar a desputa entre Atenea e Poseidón, podéndose ver a marca do seu tridente sobre unha rocha. Áchase alí tamén o Paladio, unha estatua de Atenea, consagrada por Cécrope, o rei mítico do Ática, e onde crese que ela caera do ceo; as tumbas de Cécrope e de Erecteo; unha capela dedicada a Pándroso, a filla de Cécrope; un pozo de auga salgada e a oliveira sacra, que Atenea deu á poboación trala súa disputa con Poseidón.

Arquitectura

Pericles, nos seus plans de acondicionamento da Acrópole e despois do Partenón, para render homenaxe á tradición, decidiu a construción dun edificio novo destinado a reagrupar as antigas reliquias.

O arquitecto foi se cadra Filocles, quen conseguiu conciliar nun único edificio as necesidades dos diversos ritos, así como os problemas impostos por un terreo irregular, que a tradición non permitía nivelar; é máis, xustamente xogando con tales irregularidades, realizou unha das construcións máis orixinais da arte clásica. O templo está construído sobre unha pendente, de xeito que os lados norte e oeste atópanse ao redor de 3 metros máis baixos que os lados sur e leste.

Outras fontes citan a Calícrates ou Mnesicles como autores do proxecto. Mais os gustos evolucionaran e a armadura moral da cidade cambiou: sucedendo o barroco ao clasicismo, dando lugar á grandiosa simplicidade ao refinamento. Chegando o triunfo da orde xónica.

A necesidade de preservar os sitios sacros, explica probablemente a complexidade da concepción. O templo non está dedicado a unha divindade en particular, senón que está constituído de varios santuarios.

Tres destes santuarios están dedicados a Atenea, Poseidón e Zeus. Suponse que os outros dous santuarios están dedicados a Cécrope e Erecteo, dous famosos reis atenienses. O Erecteion componse dun corpo principal, dous pórticos norte e sur e de varios corpos engadidos. O corpo principal consiste en catro partes que non representan máis que a metade dun proxecto inicial que non foi xamais rematado.

]] O Erecteion preséntase como un gran templo xónico con dúas cellas, unha dedicada a Atenea con pronaos hexástilo mirando ao leste, e a outra consagrada a Poseidón-Erecteo, á que se accede a través dun amplo vestíbulo polo lado setentrional do templo, con catro columnas na fronte e unha a cada lado.

O máis grande, ao leste, é unha cella cun pórtico xónico. O pórtico ademais, dá acceso ao Pandroseion, o santuario de Pándroso, a quen Atenea confiara a Erictonio cando este era neno; neste lugar atopábase a oliveira sacra da deusa.

No lado norte, hai outro gran pórtico con columnas e ao sur atópase o famoso pórtico das Cariátides, onde seis estatuas de mulleres novas drapeadas serven de columnas soportando ao entaboamento.

Estas mulleres son cidadás da cidade de Cariátide (cidade do Peloponeso). Tendo colaborado a cidade co invasor persa, os atenienses declaráronlles a guerra e venderon ás súas mulleres como escravas. Para que servise de exemplo, estas estatuas foron esculpidas en mármore para lembrar a sorte dos que colaboraron.

O Erecteion intacto foi descrito extensivamente por Pausanias.

Historia

A construción do templo, tal e como é visible hoxe, foi comezada durante a guerra do Peloponeso. Comezou cando a tregua da Paz de Nicias no -421 e foi rematado entre o -409 e o -405, probablemente no -406. Pouco tempo despois, no ano -403, Atenas tivo que capitular fronte a Esparta, entrou na liga do Peloponeso e viu a súa democracia substituída pola tiranía dos Trinta.

O templo foi modificado e danado en varias continuacións de xeito que o seu acondicionamento interior orixinal está suxeito a controversia. Foi primeiro danado por un incendio durante o período clásico, se cadra ata antes de ser rematado e foi restaurado. A cella oeste foi modificada no -377 e no -27.

No século VII, o Erecteion foi transformado en igrexa bizantina; os muros interiores foron destruídos e outros foron edificados. Durante o período otomán, o templo sufriu outros danos. En 1463, foi transformado para aloxar ao harén do comandante turco da Acrópole e o pórtico norte foi tapiado. Máis adiante foi empregado como polvoreira. A fin do edificio orixinal, tivo lugar cando os Venecianos combateron aos otománs, estourando a polvoreira, destruíndose o teito e danando outros monumentos atopados preto do templo.

Máis tarde, Thomas Bruce, sétimo conde de Elgin e embaixador británico en Constantinopla, fixo quitar unha das cariátides así como outras numerosas esculturas do Partenón e vendeunas ao goberno británico. Esta estatua áchase actualmente no Museo Británico. O edificio foi reconstruído no século XIX.

As outras cinco Cariátides áchanse na actualidade no museo das Acrópoles, protexidas da corrosión e da polución. As seis estatuas que se atopan no sitio son réplicas exactas das orixinais.

Шаблон:Acrópole de Atenas

Ligazóns externas

Шаблон:Commons

Envía un comentario
Consellos e suxestións
Nora Worawan
4 August 2018
This structure is beautiful in every direction. East side dedicated for Athena while west side is for Poseidon.
Visit Greece
23 October 2014
The Erechtheion was built from 420-406 BC at the most holy site of the Acropolis, where goddess Athena planted the olive tree, her sacred symbol!
KEYTOURS | Your Key to unravel the fascination of Greece
A building in the Ionic style, constructed between 421 and 405 BC. It took its name from a shrine dedicated to the legendary Greek hero Erichthonius.
VacazionaViajes
1 October 2012
Templo jónico levantado en el lugar más sagrado de la Acrópolis, donde la diosa Atenea hizo florecer el primer olivo de las tierras griegas. La zona más llamativa son las Cariátides.
Dafni - Δάφνη 💙
3 November 2016
Panteon kadar önemli bieser.Ancak heykellerin imitasyon olması&asıllarının Yeni Akropolis müzesinde olması sıkıntı.1tanesinin İngiliz elçisi Lord Elgin tarafından British Museumda olması ayrı1 skandal
Dafni - Δάφνη 💙
3 November 2016
Bizdeki Bergama örneğini Yunanlılarda yaşıyor. Önceden Wiki pedia'dan indirme yapılarak gidilmesi yararlı olacak. Oradaki tanıtımı okumadan önce bilgi sahibi olmak daha hoş.
Cargar máis comentarios
foursquare.com

Hotels near Erecteion

Ver todos os hoteis Vexa todo
Grecotel Pallas Athena

a partir de $180

Athens Tiare Hotel

a partir de $171

Alassia Hotel

a partir de $58

Claridge Hotel

a partir de $44

Elikon

a partir de $35

Ares Athens Hotel

a partir de $62

Things to do near Erecteion

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Acrópole de Atenas

A Acrópole de Atenas pode considerarse a máis representativa das a

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Partenón

O Partenón (en grego:

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Anafiotika

Anafiotika (Greek: Αναφιώτικα pronounced ) is a scenic tiny neighborh

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Templo de Atenea Nike

O Templo de Atenea Nike (Atenea Vitoriosa) ou Nike Áptera (Vitoria

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Teatro de Dioniso

O Teatro de Dioniso foi o maior teatro da antiga Grecia, situado aos

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Odeón de Herodes Ático

O Odeón de Herodes Ático é un edificio para audicións musicais con

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Roman Agora

The Roman Agora (Greek: Ρωμαϊκή Αγορά) at Athens is located to

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Tower of the Winds

The Tower of the Winds, also called horologion (timepiece), is an

Atraccións turísticas similares

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Persépole

Persépole (do grego Περσέπολις, Persépolis, literalmente «a cidade p

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Templo de Atenea Nike

O Templo de Atenea Nike (Atenea Vitoriosa) ou Nike Áptera (Vitoria

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Pasargadae

Pasargadae (فارسی. پاسارگاد) the capital of Cyrus the Great (559-5

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Copán

Copán é un lugar arqueolóxico da civilización maia que se atopa no dep

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Ħaġar Qim

Ħaġar Qim (IPA: [hæʤər'ʔi:m]) (English: Standing/Worshiping Stone

Ver todos os lugares similares