Pamukkale ("castelo de algodón", en turco) é un conxunto de piscinas termais de orixe calcaria que co pasar dos séculos formaron concas xigantescas de auga que descenden en fervenza dun outeiro, situado preto de Denizli, en Turquía. A formación de Pamukkale débese aos mananciais de augas termais que provocan o derrame de carbonato de calcio, que despois solidifica como mármore travertino. Foi declarado Patrimonio da Humanidade da UNESCO xuntamente con Hierápolis en 1988.