Parque Nacional Torres del Paine

O Parque Nacional Torres del Paine é un parque chileno declarado pola UNESCO reserva da biosfera e a oitava marabilla do mundo en 2013.

...

O Parque

O Parque Nacional Torres del Paine está situado na Rexión de Magallanes e da Antártica Chilena, comuna de Torres del Payne, provincia de Última Esperanza. A 154 quilómetros ao nordeste de Puerto Natales e a 399 quilómetros ata Punta Arenas, comprende 227.298 hectáreas. Fundouse baixo o nome de Parque Nacional de Turismo Lago Grey o 13 de maio de 1959 cando a principal actividade da zona era aínda a gandaría, por riba dos beneficios do turismo. Chegado o 30 de abril de 1970 o parque suma 11.000 novas hectáreas ao terreo protexido e cambia o nome polo o que é coñecido actualmente: Parque Nacional Torres del Paine.

A súa creación quedou rexistrada no D.S. N° 383 do Ministerio de Agricultura. É coñecido mundialmente polos macizos que lle dan nome, rochas de granito modeladas pola forza do xeo glaciar.

A unidade destaca pola protección das especies de fauna como ñandú, blanquillo ou a coruxa. No respecto aos mamíferos, entre algunhas das 25 especies presentes no parque está o puma, chingue ou o raposo colorado, ademais de distintas clases de réptiles (6), anfibios (3) e peixes (6). Na flora contabilízanse 274 especies de plantas clasificadas en: estepa patagónica, matorral preandino, bosque magallánico (predomina a lenga) e deserto andino.

En 1978 declarouse Reserva da Biósfera polo Programa Home e Biósfera (MAB) da UNESCO.

O Parque Nacional Torres del Paine permite as reservas para campamentos en circuítos de sendeiros de montaña.

Accesos

Diversos coches de liña recollen e transportan pasaxeiros desde o punto de recollida na lagoa Amarga (CH$4000) e un catamarán sae desde Pudeto cara o Parque, e combina a súa saída con outra recollida en Administración.

A compañía Catamaran Hielos Patagónicos conecta Pudeto co refuxio de montaña Paine Grande.

Os sendeiristas poden obter vantaxe da navegración permitida sobre o glaciar Grey, un cruceiro que une o refuxio Grey co Hotel Lago Grey con vistas ao glaciar.

Ríos

O parque está atravesado polo río Paine e polo río Serrano. Este último nace no flanco oriental da cordilleira Patagónica, no Campo de Hielo Sur. Sobresae pola súa gran beleza paisaxística, transformando a esta cunca nun gran recurso turístico natural, integrado polas cordilleiras, glaciares, ventisqueiros, lagos e o cordón montañoso das Torres do Paine. A foia hidrográfica posúe unha superficie de 7350 km² e presenta gran cantidade de lagos, entre os maiores que integran a cunca están os lagos Toro.

Dentro dos puntos de interese do río Paine está a súa fervenza no sector da lagoa Amarga, adxacente á ruta que conduce á lagoa Azul. Desde ese punto obsérvanse as Torres do Paine, os tres rechamantes cerros formados por rocas graníticas con forma de agulla que deron nome ao parque. Escaladores de todo o mundo acceden ao itinerario para comezar a subida polas súas paredes verticais, con diversos graos de dificultade. Coñecidos polos nomes de D‘Agostini (sur), central e Monzino (norte).

O río Serrano coñécese como a principal rede fluvial do Parque Nacional Torres del Paine e un dos seus límites naturais. Posúe 38 quilómetros de extensión e o seu caudal permite a práctica da pesca con mosca, namentres que os seus arredores son populares rutas de sendeirismo, e de roteiros para a observación da flora e fauna. A navegación e outras actividades acuáticas tamén son posíbeis debido ás características das aguas que desembocan no lago Toro.

Clima

Segundo a clasificación climática de Köeppen, a área que comprende o Parque está incluída na “zona de clima temprado frío e chuvioso sen estación seca” Porén as condicións climáticas son altamente diversas, estas débense ás complicadas formas do Parque e debido a isto é difícil intentar unha caracterización climática da área e as relacións entre os tipos de climas locais.

Listado nas seguintes categorías:
Envía un comentario
Consellos e suxestións
Fei Feng
14 October 2018
We went for kayaking instead of ice hiking. I liked the experience of kayaking to a glacier! Although it’s really cold. Circuit W took me 6 days to finish.
Gaby Toral Quijas
24 July 2016
Es un parque nacional súper bonito con flora y fauna única de la region! Ver a los animales en su habitad es bueno. El glaciar grey y el puente colgante. Las torres son una maravilla natural mundial
Denise Jozsef
31 December 2014
O parque é lindo. Para os mais aventureiros, várias opções de trekking. Para os mais tranquilos, day tour de ônibus já dá uma boa idéia das belezas do parque. Paisagens incríveis.
Бурцев Алексей
3 February 2016
Лучшее место на континенте! Мне уж поверьте, был практически во всех странах, за исключением севера Юж. Америки, более красивого и гармоничного места не видел. Природа просто потрясающая!
Carlos
15 February 2014
Gran resumen de la Patagonia Chilena. Merecido título de octava maravilla del mundo. Espectacular!
Mustafa İlhan
3 July 2015
And Dağları'na hayranlıkla bakarken, bu güzel Milli Parkı ziyaret etmeye ne dersiniz? Karlı beyaz zirveler ve görkemli buzulların arasında yürüyüşe çıkmak inanılmaz bir deneyim olacak.
Cargar máis comentarios
foursquare.com
8.9/10
152,262 persoas estiveron aquí

Hotels near Parque Nacional Torres del Paine

Ver todos os hoteis Vexa todo
Countryside Garden Homestay

a partir de $11

Things to do near Parque Nacional Torres del Paine

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Salto Grande (waterfall)

The Salto Grande is a waterfall on the Paine River within the Torres

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Tyndall Glacier (Chile)

Tyndall Glacier or Geike Glacier is one of the largest glaciers in the

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Perito Moreno Glacier

The Perito Moreno Glacier is a glacier located in the Los Glaciares

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Cueva del Milodón Natural Monument

Cueva del Milodón Natural Monument is a Natural Monument located in

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Lake Argentino

Lake Argentino (in Spanish, Lago Argentino) is a freshwater lake

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Los Glaciares National Park

Parque Nacional Los Glaciares ( The Glaciers) is a national park in

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Los Glaciares National Park

Parque Nacional Los Glaciares (Spanish: The Glaciers) is a national

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Lake Viedma

Lake Viedma (Spanish: Lago Viedma), approximately 50 miles (80

Atraccións turísticas similares

Vexa todo Vexa todo
Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Parque Nacional de Yellowstone

O Parque nacional de Yellowstone é un Parque Nacional de Estados

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Sequoia National Park

Sequoia National Park is a national park in the southern Sierra

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Parque Nacional de Serengueti

O Parque Nacional de Serengueti (ou Serengeti) é un Parque Nacional

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Congaree National Park

Congaree National Park preserves the largest tract of old growth

Engadir á lista de desexos
Estiven aquí
Visitado
Val de Jiuzhaigou

O Val de Jiuzhaigou ( 九寨沟 en chinés, Sicadêgu en tibetano) é unha res

Ver todos os lugares similares